SAMAÍN/ HALLOWEEN

E seguimos pasándoo pipa!!

A noite de Halloween achégase e por iso quixemos aproveitar a ocasión para presentarlles e celebrar cos cativos o Samaín galego. Fixemos moitas actividades ás escuras, coa luz das cabazas, vimos contos de medo, adornamos os corredores e as aulas con motivos propios, xogamos a “truco ou trato”, e … Ata nos pintamos a cara de vampiros!!!

De novo, agradecervos a vosa colaboración polas cabazas que moitos de vos elaborástedes cos nenos.

Diapositiva16

Diapositiva17

Diapositiva18

Diapositiva19

Anuncios

OBRADOIRO FROITOS SECOS E CARNOSOS DE OUTONO

“Non sabiamos” que existía tanta variedade de froitos secos e carnosos!!!.

Durante varios días, todos os nenos foron traendo á clase diferentes froitos típicos do outono tanto secos como carnosos (castaña, mazá, kiwi, marmelo, améndoa, abelá, figo, uva, mango, augacate, laranxa, mandarina, pipa, cacahuete, pistacho, uva pasa, noces, …)  que fomos poñendo no noso Recuncho de natureza . Onte, na clase de Coñecemento do Medio, fixemos un obradoiro, e despois de clasificar e comentar as características de cada un (tipo, textura, sabor, color, tamaño,…), abríusenos o apetito e almorzamos todos xuntos. Mirade as caras dalgúns nenos comendo froitos ácidos, ou dalgúns probando alimentos novos !!!.

Dende aquí, aproveito a ocasión para darvos as grazas a todos pola vosa colaboración.

Diapositiva12

Diapositiva13

Diapositiva14

Diapositiva15

Día das bibliotecas.

O pasado 24 de outubro conmemoramos o día internacional das bibliotecas. Aproveitamos tamén para celebrar o cumpreanos da mascota da nosa biblioteca: a Xirafa Rafa que cumpría 5 anos. Fixémoslle unhas tarxetas de  felicitación e ela fíxonos agasallos a todos: á clase de 1º regaloulle un libro e tamén foi a encargada de entregar os agasallos aos gañadores do concurso recopila do ano pasado.

Diapositiva1

Diapositiva2Diapositiva3Diapositiva1Diapositiva2Diapositiva3Diapositiva4Diapositiva5Diapositiva6Diapositiva1